lunes, 14 de noviembre de 2011

O RESULTADO DAS ELECCIÓNS XERAIS EN GALICIA. UNHA ESTIMACIÓN A PARTIR DAS MUNICIPAIS

Este último fin de semana publicáronse diversos inquéritos sobre as eleccións do vindeiro domingo. Para Galicia hai unha coincidencia nas tendencias de fondo con discrepancias nas asignacións provinciais de resultados ou escanos. Coinciden no forte ascenso da marca popular, no descenso intenso do PSdG-PSOE e no mantemento, cunha certa tendencia á baixa, do BNG.
¿Pódense utilizar os resultados das eleccións municipais para pronosticar os resultados nas eleccións xerais[1]? Facemos abstracción dalgúns problemas metodolóxicos  e tomamos os resultados desde 1997, con seis eleccións xerais (máis a próxima) e sete eleccións municipais.
Para cada unha das series (municipais e xerais) calculamos o incremento que ten lugar entre dúas eleccións  (municipais (1,0), municipais (2,1), …; xerais (1,0), xerais (2,1), … ) para cada partido, co que obtemos dúas novas series de  taxas de variación (municipais, xerais), cada unha con seis valores, para cada partido. Despois establecemos una medida simple, como o coeficiente de correlación. Pois ben, os valores do coeficiente de correlación oscilan entre un mínimo do 0,7 para o PSdG e un máximo do 0.86% para o PP. En principio, parece que ambas series están ben relacionadas. A continuación efectuamos unha estimación lineal do incremento nas eleccións xerais (y) en relación coa taxa de variación na elección municipal inmediatamente anterior (x) para cada partido.  Os resultados son os que aparecen no cadro adxunto.
PP
0.66101598
PSdG-PSOE
2.18269483
BLOQUE
1.46784039

Observamos a maior estabilidade do Partido Popular, que ten nas eleccións municipais un territorio máis propicio (resultado inferior a 1) para os cambios. E a gran variabilidade do voto socialista nas xerais, en que amplifica as taxas de variación dos comicios locais previos.  
Pois ben, a continuación estimamos, coa taxa de variación de voto das eleccións municipais de 2011, a que debería producirse nas eleccións xerais de manterse constante a relación calculada. O resultado é o que aparece a continuación
Nº VOTOS
% SOBRE VAL
T. VARIACIÓN
PP
854 581.03
48.45
5.52
PSdG-PSOE
521 975.82
29.59
-30.45
BLOQUE
160 282.76
9.09
-24.59

A verdade é que os resultados son plausibles, e globalmente coincidentes cos inquéritos publicados. Indican un ascenso limitado do Partido Popular e un intenso descenso das formacións progresistas. A suma en porcentaxe dos votos dos tres partidos, bastante por baixo do 90% apuntaría a unha subida dos votos expresivos de esquerda e dos votos en branco.


[1] O que desexe ir ao grao, que acuda directamente aos párrafos do final, en que aparecen os resultados, nun cadro, e unhas mínimas reflexións.

1 comentario:

  1. Abonda afinar ese modelo con unhas cantas variables máis, como por exemplo: resultado das autonómicas previas, indicadores de conxuntura económica e política do CIS no trimestre anterior ás eleccións, indicadores demoscópicos de intención media de voto (directo), fidelidade, concorrencia electoral e expectativas de vitoria; participación esperada (estimada a partir dos indicadores anteriores e do voto por correo), unha variable dummy para cada provincia... e xa está. Subscribo plenamente a estimación resultante.

    ResponderEliminar